Wednesday, April 15, 2015

Os músculos

O músculo ten dúas propiedades: contración ou acurtamento e elasticidade, capacidade de aumentar a súa lonxitude e recuperar a lonxitude inicial. O músculo ten unha parte central onde están as fibras musculares (contráctiles) envoltas en distintas capas que teñen propiedades elásticas; insértanse nós ósos a través dos tendóns, que tamén son elásticos. Cada músculo insértase polo menos en dous ósos diferentes, atravesando, polo menos unha articulación. Cando as fibras musculares se acurtan, os tendóns tiran polo óso e producen o movemento nas articulacións. Podemos dicir que as articulacións son como as bisagras do corpo humán. Por iso cando falamos dun movemento, de flexión ou extensión, pra ser correctos debemos referilo a unha articulación; por exemplo: flexión de cóbado; extensión de cadeira; etc. Para mellorar a propiedade de contracción dos músculos, realizaremos exercicios de forza. Para mellorar a elasticidade dos músculos, realizaremos exercicios de flexibilidade.
O tríceps engánchase no húmero e nos ósos do antebrazo. Cando se acurtan extenden o cóbado. Os abdominais insértanse nas costelas, na columna vertebral e na pelvis. Cando se acurtan, producen a flexión da columna (o tronco enrólase sobre sí mesmo) Os cuádriceps engánchanse principalmente no fémur e no tendón rotuliano. Cruzan o xeonllo. Cando se acurtan extenden o xeonllo.

No comments:

Post a Comment