Monday, May 18, 2015

ACORTAMENTO DOS ISQUIOTIBIAIS

Os isquiotibiais son uns músculos biarticulares situados na parte posterior do muslo. Atravesan cadeira e xeonllo. Cando se contraen extenden a cadeira e flexionan o xeonllo. O acortamento dos músculos isquiotibiais é unha patoloxía do aparello locomotor que pode producir dor de xeonllo ou espalda. Pode vir provocado pola falta de actividade física, estar sentado longos periodos de tempo ou por xenética. Como evaluamos o acortamento dos isquiotibiais? Se cos xeonllos extendidos fáltannos máis de cinco cms para tocar os pés coas mans, consideraremos que están excesivamente acortados. Tamén se deitados boca arriba e cunha perna extendida completamente, elevamos a outra (flexionando a cadeira e mantendo o xeonllo extendido) e o ángulo entre a perna elevada e o chan non supera os 75 grados. (Recordade debuxos na clase)

ruta a Tres Bispos http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9711002

Monday, May 4, 2015

A postura e algunhas patoloxías do aparello locomotor

Unha boa postura corporal é fundamental para evitar patoloxías a longo prazo, e é tamén un signo de boa saúde do aparello locomotor.
Esta imaxe (dun artículo científico da revista Apunts, medicina de L´sport), mostra a alineación desexable dos segmentos corporais dende dous planos diferentes. A imaxe A corresponde a un plano frontal.A columna non presenta ningunha asimetría. A imaxe B mostra un plano lateral. Observade ombros, cabeza do fémur, xeonllos e nocellos atópanse na mesma liña vertical.
Unha das claves para manter unha correcta postura é o equilibrio muscular. Isto conséguese (simplificando e centrándonos na pelve) a) fortalecendo a musculatura denominada fásica (que tende de por si a relaxarse e perder tono). Serían abdominais e glúteos b) estirando a musculatura que na postura habitual soe traballar de máis (musculatura tónica). Entre eles isquiotibiais, lumbares e recto anterior do muslo e psoas.

Wednesday, April 15, 2015

Os músculos

O músculo ten dúas propiedades: contración ou acurtamento e elasticidade, capacidade de aumentar a súa lonxitude e recuperar a lonxitude inicial. O músculo ten unha parte central onde están as fibras musculares (contráctiles) envoltas en distintas capas que teñen propiedades elásticas; insértanse nós ósos a través dos tendóns, que tamén son elásticos. Cada músculo insértase polo menos en dous ósos diferentes, atravesando, polo menos unha articulación. Cando as fibras musculares se acurtan, os tendóns tiran polo óso e producen o movemento nas articulacións. Podemos dicir que as articulacións son como as bisagras do corpo humán. Por iso cando falamos dun movemento, de flexión ou extensión, pra ser correctos debemos referilo a unha articulación; por exemplo: flexión de cóbado; extensión de cadeira; etc. Para mellorar a propiedade de contracción dos músculos, realizaremos exercicios de forza. Para mellorar a elasticidade dos músculos, realizaremos exercicios de flexibilidade.
O tríceps engánchase no húmero e nos ósos do antebrazo. Cando se acurtan extenden o cóbado. Os abdominais insértanse nas costelas, na columna vertebral e na pelvis. Cando se acurtan, producen a flexión da columna (o tronco enrólase sobre sí mesmo) Os cuádriceps engánchanse principalmente no fémur e no tendón rotuliano. Cruzan o xeonllo. Cando se acurtan extenden o xeonllo.