Monday, May 18, 2015
ACORTAMENTO DOS ISQUIOTIBIAIS
Os isquiotibiais son uns músculos biarticulares situados na parte posterior do muslo. Atravesan cadeira e xeonllo. Cando se contraen extenden a cadeira e flexionan o xeonllo.
O acortamento dos músculos isquiotibiais é unha patoloxía do aparello locomotor que pode producir dor de xeonllo ou espalda.
Pode vir provocado pola falta de actividade física, estar sentado longos periodos de tempo ou por xenética.
Como evaluamos o acortamento dos isquiotibiais?
Se cos xeonllos extendidos fáltannos máis de cinco cms para tocar os pés coas mans, consideraremos que están excesivamente acortados.
Tamén se deitados boca arriba e cunha perna extendida completamente, elevamos a outra (flexionando a cadeira e mantendo o xeonllo extendido) e o ángulo entre a perna elevada e o chan non supera os 75 grados.
(Recordade debuxos na clase)
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment