TÍTULO: O compás como método de orientación
Nivel: 1º de eso
Xustificación:
Preténdese achegar aos alumnos ás actividades de orientación nunha proposta enmarcada dentro do bloque de actividades na natureza. Xa que o centro está situado nunha comarca de montaña, resulta imprescindible afondar ademais de nos coñecementos propios sobre orientación e uso do compás, tamén no coñecemento do entorno próximo e no desenvolvemento nos alumnos actitudes de respecto e e sobre todo valoración da riqueza natural da zona. Moitas actividades se desenvolverán no exterior, fomentándose o contacto dos alumnos directo coa natureza e a súa afiliación á mesma. A cooperación, o compañerismo e o traballo en equipo outros contidos intrínsecos ás actividades na natureza.
Contidos:
- A orientación na natureza: métodos artificiais e naturais
- O compás: partes
- O rumbo
- A distancia entre dous puntos: metros ou pasos
- Elaboración de percorridos sinxelos co compás.
- A cooperación e o traballo en equipo
- Respecto ao medio ambiente e valoración da riqueza natural e paisaxística da comarca.
Obxectivos:
- Coñecer métodos naturais e articificais de orientación
- Familiarizarse co compás e utilizalas para orientarse
- Interiorizar as distancias que se percorren na realidade, comparando metros e pasos
- Elaborar percorridos de orientación mediante o uso da brúxula e o propio paso
- Coñecer o entorno próximo e valorar as súas posibilidades como medio para desenvolver actividades físicas e recreativas
- Respectar o medio natural desenvolvendo conductas que favorezan a súa conservación
- Desenvolver actitudes de cooperación e traballo en equipo
- Familiarizarse co vocabulario específico de orientación na lingua inglesa.
- Comprender e producir mensaxes orais e escritas sinxelas en inglés referidas á actividades de orientación.
Criterios de avaliación:
- Situarse con respecto aos puntos cardinais mediante o compás, o plano, o sol e o musgo.
- Identificar e describir as partes do compás en inglés.
- Saber tomar un rumbo dado utilizando o compás
- Utilizar o compás para calcular rumbos entre dos puntos, na realidade
Utilizar o propio paso para calcular distancias na realidade
- Elaborar en equipo un percorrido de orientación utilizando o compás, o plano e o paso.
- Levar a cabo conductas de respecto polo medio ambiente
Instrumentos de avaliación
- Exame teórico
- Recoller a proposta de percorrido
- Observación das clases
Distribución de actividades por sesións
Sesión 1. Explicar o concepto de orientación, rumbo, partes do compás, saber tomar un rumbo, saber en qué dirección se atopan elementos da paisaxe. (Actividades 1-5 do lim)
Sesión 2. Repaso da sesión anterior. Cálculo de distancias a través do propio paso. (Actividades 6,7 e 8 do lim)
Sesión 3. Elaborar un percorrido de orientación. Avaliación por grupos (Actividade 9 do lim)
Sesión 4. Proba teórico-práctica individual (Preguntas-tipo, actividades 10, 9, 11 do lim)
Tuesday, April 6, 2010
Subscribe to:
Posts (Atom)